Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

eL trAsgU d´aRecEs

Viernes, 24 de noviembre de 2006

ASTURIANISTES; INSULTEN, REMANEN, ASUSTEN Y "PONEN DIANES"



Hai unha ofensiva brutal dos medios asturianos e moita xente ten medo a expresar o que pensa en público
A Academia Asturiana considera "pexorativo" que se fale do "galego-asturiano"

A Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) comezou unha nova campaña para esixir que o galego que se fala nas comarcas occidentais de Asturias pase a denominarse "lingua eonaviega" ou "lingua do Navia-Eo". A presidenta da ALLA, Ana Cano, considera que incluso a denominación de "galego-asturiano" ten "connotacións pexorativas". Mentres, os que defenden a existencia da lingua galega máis aló do Eo recoñecen estar a sufrir "presións de todo tipo" e insultos pola rúa.

O galego que se fala nos concellos eonaviegos volve sufrir as turradas da Academia de la Llingua Asturiana. Este colectivo presentou o pasado venres en Navia un informe "histórico e social" do idioma nestas comarcas. A presidenta de ALLA, Ana Cano, considera "pexorativo" que se denomine como "galega" a lingua que se fala nestas zonas. Botando man a unhas estatísticas propias asegura que o 74% dos veciños destes concellos considéranse "asturianos ata a médula". Ademais, un 98% dos mesmos queren que a súa lingua se chame doutra maneira diferente á forma "galego-asturiana".
Dende a Academia cargan contra as "arelas dos nacionalistas galegos" e subliñan que as terras de Navia-Eo forman parte de Asturias xa dende o século VIII. Ademais destacan que "non hai ningún momento histórico" no que estas comarcas pertenceran a algunha estrutura política galega.
Todos os xornais asturianos recolleron amplamente a noticia nos últimos días e algúns editoriais incluso sinalan que a proposta da ALLA "dignifica" a "lingua eonaviega". O que se pretende é que na reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias se marquen como linguas cooficiais o bable e a "lingua do Navia-Eo". Segundo Ana Cano, a idea é que nun futuro "o resto de Asturias escoite esta lingua e que a queira e a coñeza como facemos nós co asturiano".
Fortes presións
Este xornal púxose onte en contacto con xente que defende a galeguidade lingüística destas comarcas. Algúns recoñeceron que están a sufrir "fortes presións e incluso insultos pola rúa" por parte dos defensores das teses asturianistas. "Hai unha ofensiva brutal dos medios asturianos e moita xente ten medo a expresar o que pensa en público", sinalaban.
O catedrático e membro da Real Academia Galega (RAG), Francisco Fernández Rei, asegura que "hai unha tradición incuestionábel de que no occidente de Asturias se fala galego". Fernández Rei lembra que destacados filólogos, como foi o caso de Dámaso Alonso, recoñecían xa hai décadas que nesas bisbarras se falaba o galego. A Fernández Rei chámalle a atención o cambio de actitude da presidenta da Academia da Llingua. Incluso recorda un escrito publicado en 1987 no que Ana María Cano escribía que "na cara máis occidental de Asturias, máis ou menos entre o Navia e o Eo, fálase unha variedade do galego de Lugo".
Fernández Rei cre que detrás desta guerra hai demasiados intereses. Como proba sinala que ata finais dos oitenta practicamente ninguén cuestionaba a existencia do galego máis aló do río Eo. O propio Ramón de Andrés, director xeral de Política Lingüística no Principado de Asturias e membro da ALLA, sinalou nun plenario desta asociación hai catro anos que negar a existencia do galego en Asturias era unha postura intelectualmente indefendíbel, algo que nunca lle perdoaron outros académicos asturianistas.
Tabú
Para Fernández Rei non hai dúbida de que dende hai anos hai unha campaña orquestrada contra o galego, que xa é unha palabra "tabú" nestas comarcas. Pola contra comezou a abusarse primeiro do termo "galego-asturiano" e da "fala", termos que agora, incluso, os asturianistas queren deixar atrás. "Creo que unha academia no pode comportarse coma un partido político. Non se pode actuar con tanta demagoxia. Quen pode negar que, por exemplo en Taramundi, se fala o galego oriental?", sostén Fernández Rei.
Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo, está claro que hai sectores en Asturias empeñados en "sacar toda relación con Galicia". Costas, que coñece ben a realidade do galego naqueles municipios, sinala que "os propios falantes están asustados coas presións que reciben". Costas coincide con Fernández Rei á hora de ver intereses políticos e mediáticos nesta campaña contra a lingua galega. Subliña que se están a poñer "dianas" contra todos os defensores do galego en Asturias.

Vieiros (21/11/2006)

Por: eL trAsgU d´aRecEs | Gallegaes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

ANDECHA ASTUR ES UNA MIERDA CON PATAS ,QUE NO SE COME NI LOS MOCOS,SON LOS 4 SUBNORMALES DEL PUEBLO , QUE SIEMPRE VOLVIAN A CASA LLORANDO POR QUE EL RESTO DE ASTURIANOS LES DABAN DE OSTIAS POR TONTOS Y MAJADEROS ,LIMPIAROS EL CULO QUE OLEIS A CACA , NORMAL PARA VOTAR A CUATRO PARASITOS SUBNORMALES ,LO MEJOR ES SALIR A LA CALLE POR OVIEDO Y A PEDRADES CON ELLOS,

a VEIGA | 11-02-2008 19:15:13

¿miedo a los asturianistas?pues que miedo,por que en Castropol son 2 y en a veiga uno, y en ribadeo y en la trabada los del bng son cerca de 2000 ,los mismos que andecha en toda asturias

a veiga | 12-02-2008 11:04:53

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009